Camping Os Fieitas

O Grove

O municipio do Grove está situado ao sur da Ría de Arousa, formando límite entre esta e a Ría de Pontevedra. Ten unha extensión de mais de 21 Km cadrados e a súa poboación é de 11.500 habitantes, distribuídos en diversos núcleos.

Constitúese por unha península e unha illa; o seu relevo é chairo e só é alterado por núcleos de granito que forman elevacións, entre os que destaca o Con de A Siradella, ao leste, co seu 166 m. de altitude. O istmo da península é unha lingua arenosa de 2 Km. de lonxitude e medio de ancho na súa zona central, e a súa formación foi recente: en mapas e descricións antigas, O Grove aparece como unha illa.

A temperatura media no inverno é de 14 º c e no verán de 24 º c, e obsérvase un forte déficit de precipitacións de Abril a Setembro, sendo con moita diferenza os meses máis chuviosos Novembro, Decembro, Xaneiro e Marzo, nos que se rexistran a maioría dos 1.000 m.m. de precipitacións anuais do municipio.

Estando rodeado por un mar excepcionalmente rico, non é de estrañar que a súa explotación constitúa a principal actividade económica. Embarcacións de pequena tonelaxe, dedícanse á pesca de peixes, moluscos e crustáceos, entre os que destacan a carioca, xurelo, faneca, abadexo, rodaballo, polbo, jibia, nécora, camarón ( quisquilla) e centola. Tamén os seus bancos de moluscos son excelentes especialmente os de ameixa, berberecho e navalla, sendo recolleitos artesanalmente coa marea baixa por unha lexión de mulleres armadas de ratrillos, sachos e legones.

Paralelamente á recolección artesanal de moluscos, o cultivo destes parques e viveiros, chegou a ter unha enorme importancia económica na zona. Esta realízase en viveiros flotantes, chamados bateas, e destaca especialmente a produción de mexillón e recoiro.

A comercialización dos produtos de pesca e marisqueo realízase na lonxa, situado no porto do Grove e que aconsellamos visitar.

Ao redor do mar concéntranse outras importantes actividades económicas do municipio: a industria conserveira, a construción e sobre todo o turismo, no que O Grove, en compañía de Sanxenxo, ocupan un destacadísimo lugar entre os destinos turísticos da comunidade galega.

as festas no Grove:

  • Virgen del Carmen, en torno ao 16 de Xullo , de gran devoción entre a xente do mar, organízanse catro días de festexos, con procesións marítimas na que participan os barcos de pesca engalanados, con fogos artificiais, verbenas, actuacións folclóricas, etc
  • Fiesta del marisco a mediados de outubro (do sábado anterior ao domingo posterior da Virxe do Pilar) declarada de Interese Turístico Nacional, que se celebra desde 1.963. Durante nove días pódense degustar todos os mariscos da ría nos restaurantes e nas casetas que se habilitan no porto, a un prezo baixo e con abundantes mostras folclóricas.li>< li>Nosa Señora da Lanzada o último domingo de Agosto, romaría nas postrimerías da bela ermida, festa chea de maxia co seu ritual baño das nove ondas para a fecundidade.
  • Fiesta da Malla comezou en 2008 en San Vicente do Grove, naceu como unha festa coa que render homenaxe ás xentes da parroquia que sempre viviron do campo e para mostrar artes e oficios tradicionais (algúns xa desaparecidos), centrando todo o esforzo na malla ou proceso mediante o que se separa o gran da palla.

Outras festas en localidades cercanas ao Grove

  • Nosa Señora das Cabezas, no Mosteiro de Armenteira (20 Km.) Luns de Pascua.
  • Festa da Raia en Portonovo (13 Km.) Viernes, Sábado e Domingo de Ramos.
  • Día da Muiñeira , en Pontevedra (35 Km.) Último sábado de Maio.
  • Festa do Viño do Salnés , en Barrantes (21 Km.) Primeiro sábado de Xuño.
  • San Xoán . Cacharelas (fogeiras) por todos lados, con sardiñas asadas e cachelos. Especial Interese a de Poio (30 Km.) 23 e 24 de Xuño
  • Festa da Solla, en Catoira (43 Km.) Víspera do 2º domingo de Xullo.
  • Festa da Ameixa , en Carril (36 Km.) Domingo anterior ao 16 de Xullo.
  • San Benitiño, en Lérez (Pontevedra) (37 Km.). De Interese Turístico Nacional. 11 de Xullo.
  • Festa dos Callos, en Mosteiro-Meis (23 Km.) Domingo máis cercano ao 11 de Xullo.
  • Festa do Viño Albariño, en Cambados (22 Km.) de Interese Turístico. Primeiro domingo de Agosto.
  • Romaría Vikinga, en Catoira (43 Km.) de Interese Turístico. Primeiro domingo de Agosto.
  • Festa del Mexilón, en Vilanova de Arousa (28 Km.). Primeiro domingo de Agosto.
  • Festas da Peregrina, en Pontevedra (35 Km.) Mediados do mes de Agosto).
  • Feesta de San Roque, en Vilagarcía de Arousa (33 Km.) 16 de Agosto
  • Festa de San Roque, en Combarro (28 Km.) 16 de Agosto
  • Día do Turista, en Sanxenxo (15 Km.) 25 de Agosto.
  • Festa da Ostra, na ermida de Nosa Señora da Lanzada (9 Km.) Penúltimo domingo de Agosto.
  • Festa da Ameixa, en Campelo-Poio (33Km.) Terceiro domingo de Agosto.
  • Procesión marítima do Carmen, na Illa de Arousa (33 Km.) 1 de Setembro.
  • Santa Rosalía, en Sanxenxo (15 Km.) 3 a 5 de Setembro.
  • Nosa Señora da Merced, en San Xoán de Poio (32 Km.) 24 de Setembro.
  • Romaría de San Simón de Baión, en Vilanova de Arousa (28 Km.) de 28 a 30 de Outubro.

Mercadillos:

Lunes Sanxenxo/Pontonovo

Martes Vilagarcía/Combarro

Miércoles Cambados /Valença do Minho

Jueves Portonovo/Sanxenxo

Viernes O Grove/Vilanova

Sábado Vilagarcía/Cambados/A Illa

Domingo Padrón

Pontevedra: 1, 8, 23 de cada mes

La piedra (Vigo): A diario hasta las 14:00

Meaño: 1º y 3º Domingo de mes

Meis: 2º y 4º sábado de mes

Descargas