Camping Os Fieitas

Sendeirismo

Camping Os Fieitás – Praia da Lanzada (10 km ida e volta)



Iníciase saíndo pola entrada principal do cámping cara a dereita ata chegar á estrada que une A Lanzada con Pedras Negras na que colleremos á esquerda. Seguimos camiño pola beirarrúa bordeando a praia de Raeiros ata chegar ao extremo da Lanzada. Baixamos ata a praia e continuamos o paseo descalzos, aproveitando que as augas desta son medicinais pola súa alta concentración de iodo e minerais.

Se preferimos ver as dunas (importantísimas polas súas especies botánicas, máis de 100) podemos facelo sobre o paseo de madeira que atravesa practicamente toda a praia.

Ruta Lagarteira (2.500 m)

É unha ruta perfectamente sinalizada e de poca dificultade, que parte da aula de Natureza do monte Siradella e discorre pola súa contorna.

Atravesa varios miradoiros dunha gran beleza, con vistas panorámicas da ría de Arousa, illas Cíes, Ons e Sálvora.

Camping Os Fieitás – Laguna de Bodeira – Mexilloeira

Saímos polo acceso do cámping á estrada S.Vicente-O Grove, xirando á esquerda e descendendo ese tramo de estrada ata pasar a farmacia; a uns 50 m dela collemos unha desviación á dereita e seguimos camiñando ata chegar á praia de Mexilloeira. Unha vez alí, a corredoira á dereita lévanos á lagoa de Bodeira, onde poderemos observar algunhas aves como alabancos, chifras de auga, garzas,. Se nos achegámos en silencio.

Volvendo pola praia podemos facer unha ruta da distancia que queiramos, podendo incluso dar a volta á península de S.Vicente atravesando varias calas preciosas.

Paseo de madeira de Pedras Negras (1h. ida e volta)

Parte do porto deportivo de Pedras Negras, a 3 km do cámping. A ruta discorre por un paseo de madeira asentado nas rochas e que bordea algunhas calas, percorrendo o extremo máis occidental da península do Grove.

Podemos observar as vistas da praia da Lanzada, illas de Ons e de Sálvora.