Camping Os Fieitas

Camping

Situado nunha zona privilegiada da Península de O Grove pola súa tranquilidade e polo seu excelente clima, o que nos permite disfrutar de incomparables praias de area branca e fina. As do Norte, coa Ría de Arousa como telón de fondo, con augas tranquilas. As do Oeste cunha paisaxe máis agreste e calas rocosas na zona de San Vicente de O Grove. As do Sur coa mirada posta sobre as illas de Ons e Cíes.

Lugar axeitado para os amantes da tranquilidade, dos deportes náuticos, da pesca, da natureza e da gastronomía. Non é casualidade que O Grove este considerado como o Paraíso do Marisco (Festa que se celebra durante a seman do 12 de Outubro).

A Diputación de Pontevedra, a través do Patronato de Turismo Rías Baixas, concedeunos o Diploma de empresa comprometida coa Calidade Turística, que poñemos a o servizo dos nosos clientes, quen sen dúbida son os verdadeiros destinatarios do noso compromiso.

Galería

(pincha para pasar a foto)

Instalacións

  • 5.500 m2. de superficie total.
  • 31 parcelas dotadas todas elas de toma de luz eléctrica..
  • Edificio de servizos que contén:
    • 14 W.C. + 1 WC (Zona de S. Vicente)
    • 15 lavabos + 1 (Zona de S. Vicente)
    • 12 Duchas de auga quente gratuíta + 1 fría (Zona de S. Vicente)
    • 5 vertedeiros de louza + 2 (Zona de S. Vicente)
    • 5 pilóns para roupa.
    • Servizo de Lavandería
    • 1 WC químico
  • 6 Bungalós (máximo 3 pax.)
  • 5 Bungalós (máximo 5 pax.)
  • 2 Mobil Homes (máximo 4 pax.)
  • Aloxamento para 2, 4 e 6 persoas.
  • 4 baños completos con auga quente.
  • Cafetería con Tv. e DVD/Vídeo.
  •  Wi-Fi. Biblioteca
  • Restaurante.
  • Supermercado.
  • Recepción e caixa de urxencias.
  • 4 fontes de auga potábel.
  • Parque infantil..
  • Asadeiros de leña no exterior con mesas e bancos de pedra con capacidade para 70 persoas.
  • Praza de aparcamento ao lado de cada parcela.

Prezos

PRECIOS POR NOITE IVE INCLUIDO
ADULTOS 5,70 €
NENOS (2 – 10 ANOS) 4,90 €
TENDA 5,70 €
COCHE 5,70 €
CARAVANA 6,20 €
FURGÓN 9,00 €
MOTOCICLETA 4,40 €
ELECTRICIDADE 5,00 €
Descargas do Camping