Monte Siradella
Situado a 4 km do cámping. Accédese pola estrada que vai en dirección ao Grove, tomando un desvío á dereita.
A pesar de ser un monte de poca altura, as súas vistas resultan espectaculares. Podemos enxergar as illas Cíes, Ons, Sálvora, A Toxa; a ría de Arousa enteira plagada de bateas, a península do Barbanza, a enseada de O Bao, a praia da Lanzada, a península do Grove e a inmensidade do océano Atlántico.
No alto hai unha interesante aula de natureza que se atopa xunto á solaina. Desde alí mesmo sae unha ruta de senderismo (A Lagarteira) que non é moi longa e está ben sinalizada.
Tamén conta cunha zona de sombra con mesas, grellas e columpios.
Aquárium Galicia
Situado a 3 km do cámping, accédese pola estrada en dirección O Grove.
Ofrece unha interesante colección de peixes, mariscos e outras especies mariñas que habitan as nosas costas. É un centro de recuperación de animais mariños e conta cunha exposición de cetáceos e tartarugas. Durante o verán conta con aves rapaces e organizan exhibicións de cetrería.
Páxina web do Aquárium Galicia
Paseos pola ríaNo porto do Grove, hai varias navieras que ofrecen paseos guiados pola ría de Arousa que resulta moi atractivos. Podemos ver de preto as famosas bateas. Ademais ofreceranlles unha degustación de mexillóns da ría e viño da terra incluído no prezo. Algúns destes catamaráns e barcos teñen fondos transparentes que permiten ver a fauna e flora mariña.
A oferta amplíase con viaxes en antigos galeóns e veleiros que ofrecen travesías dun ou varios días.
A Toxa – Pedras Negras
O pobo do Grove (42º29’44’’ N – 8º51’42’’ O) atópase a 5 km do cámping. Trátase dunha importante vila mariñeira cun porto potente e variado nas súas capturas de marisco e pescado de baixura.
A pesar de ser un pobo pequeno posúe unha gran actividade comercial, ofertando gran variedade de tendas e negocios de todo tipo.
O porto está bordeado por unha gran oferta de tascas e restaurantes en onde poderán degustar excelentes pescados, mariscos e viños da terra.
Polas mañás é interesante visitar o mercado e a lonxa de peixe.
Os venres celébrase un populoso mercado.
Unida ao pobo por unha ponte, atópase a famosa illa da Toxa (42º29’03’’ N – 8º50’49’’ O). Salientan o Gran Hotel, o casino, o balneario, a antiga fábrica de xabróns e a capela recuberta totalmente de cunchas de vieira. Na illa hai tamén un campo de golf.
Á entrada da illa hai unha zona de mercado de recordos e produtos típicos de Galicia.
No outro extremo da península atópase a vila de S. Vicente de O Grove, con interesantísimas praias e a urbanización de Pedras Negras (42º27’27’’ N- 8º55’12’’ O) co seu porto deportivo, de onde parte un paseo de madeira que percorre, pegado ao mar, a costa.
Adro Vello – Iglesia de S. Vicente
Ao chegar a S. Vicente a partir Do Grove, á dereita unha desviación levaranos a O Barreiro, en onde se atópa esta necrópoles. Aínda que está algo descoidada, os seus valos permiten ver interesantes asentamentos.
A 300 m., en Punta O Castriño, se ven os restos dun castro onde habitaba o grupo humano que deu orixe á necrópoles.
A igrexa de S. Vicente xa a pasámos cando nos dirixiámos á necrópoles de Adro Vello; atópase nos accesos á praia de Area Grande. Foi construída en 1770 con elementos dunha anterior que estaba situada na praia de O Barreiro. O seu estilo é do máis puro barroco compostelán, con algúns detalles da reconstrución primitiva, a súa planta é rectangular.
Ensenada do Umia – A Lanzada
A enseada de Umia é un ecosistema fechado, protexido desde 1989, cunha extensión de 15 km². Os depósitos arrastrados polo río Umia son empurrados en dirección O Vao por acción das augas que penetran na ría, formando o complexo intermareal Umia_O Grove. As augas son pouco profundas e a marea baixa deixa ao descuberto a maioría da enseada, en onde desovan crustáceos, peixes e cefalópodos, protexidos pola pradería de algas.
As aves atopan aquí augas mornas e abundante alimento, a zona é lugar de invernada e de paso de millóns de paxaros, sobre todo no inverno.
A Lanzada é unha praia enorme, de 2.400 m de extensión, unha das mellores praias galegas debido á calidade da súa area e a súas limpísimas augas. A praia conta con bandeira azul da Comunidade Europea e numerosos servizos: duchas, baños, aparcamentos, restaurante e chiringuitos ao longo do paseo de madeira que percorre a duna.
Ao cabo da praia atopamos a ermida da Nosa Sra da Lanzada, construída no s.XIV. A súa ábsida semicircular é típico do románico, pero os seus arcos interiores oxivais pertencen xa ao gótico. Ao seu redor celébrase unha típica romería a véspera de S. Xoán; e a última fin de semana de agosto celébrase outra de antiquísimos ritos pagáns, como o baño das nove olas.