Camping Os Fieitas

Campamentos.

Protocolo COVID-19

 

Xornadas de convivencia

Propoñémoslles un programa dun día no cal os seus alumnos gozarán participando en diferentes actividades de grupo en praia e montaña.

A nosa garantía de éxito está avalada polos máis de mil participantes que gozan cada ano dos nosos programas.

Programa Ed. Primaria – ESO  Ed. Infantil / Ed. Especial
1 DIA COMPLETO (sen comida nin merenda) 19,50 €/participante 19,50 €/participante
1 DIA COMPLETO (con comida e merenda) 26,00 €/participante 26,00 €/participante
  • Para grupos entre 15 e 20 participantes (ambos incluidos), os prezos incrementaranse nun 5 %
  • Para grupos entre 10 e 14 participantes (ambos incluidos), os prezos incrementaranse nun 10 %
  • Para grupos menores de 9 participantes, os prezos incrementaranse nun 15 %
  • O número de monitores variará dependendo das características do grupo(E.I. , E.P. , E.S.O. , E.E.)
  • Para outros programas, pídannos orzamento

Campamentos e colonias de verán

A nosa oferta de campamentos adáptase completamente ás necesidades e expectativas dos nosos clientes: dende a xornada de convivencia a campamentos con aloxamento dunha ou varias noites e con pensión completa. Ofrecemos unha gran variedade de actividades tanto no interior do cámping coma no entorno.

Programa Ed. Primaria – ESO  Ed. Infantil / Ed. Especial
2 Días / 1 Noite 71,50 €/participante 83,50 €/participante
2 Días / 2 Noites 78,00 €/participante 91,00 €/participante
3 Días / 2 Noites 88,00 €/participante 100,00 €/participante
4 Días / 3 Noites 103,00 €/participante 118,00 €/participante
5 Días / 4 Noites 132,00 €/participante 155,00 €/participante
  • Para grupos entre 15 e 20 participantes (ambos os incluídos), os prezos incrementaranse nun 5 %
  • Para grupos entre 10 e 14 participantes(ambos os incluídos), os prezos incrementaranse nun 10 %
  • Para grupos menores de 9 participantes, os prezos incrementaranse nun 15 %
NÚMERO DE PARTICIPANTES: Máximo 75 pax, inclúe:
  • Aloxamento con pensión completa.
  • Actividades de Tempo Libre.
  • Seguro Responsabilidade Civil.
Programa de actividades impartido por monitores titulados.

Para outros programas, pídannos orzamento.

Servizos Bungalós Cámping
Aloxamento + Pensión Completa 32,00 €/ participante 29,00 €/ participante
Aloxamento PC + monitores + dirección técnica 48,00 €/ participante 44,00 €/ participante

(Para mozos menores de 18 anos e máis de 20 persoas)

NOTAS:
  • No caso de que os grupos, estean formados por usuarios maiores de 18 anos, os prezos incrementaranse en 5,00 € lineais por día.
  • Concédese unha praza gratis por cada 25 participantes.
  • Tódos os prezos son co IVE incluído.

Nos nosos campamentos e xornadas de convivencia os participantes poderán desenvolver as súas personalidades como membros dun grupo, aprenderán mediante xogos de diferentes técnicas para desenvolverse en ámbitos naturais e ao mesmo tempo coñecerán recursos novos para o seu tempo de ocio. Todas as actividades serán levadas a cabo dunha forma lúdica, onde o neno e a nena participarán activamente no transcurso do día.

As actividades son dirixidas e desenvolvida por un equipo de monitores titulados, que se farán cargo do grupo dende que chegan ao albergue ata o momento da súa partida para participantes de E. Infantil e de E. Primaria.

No caso de participantes de E.S.O., os mestres acompañantes serán os responsables nos tempos que non se realice ningunha actividade.

Remitirase un programa de actividades adaptado a cada grupo en función das condicións climatolóxicas, idades, horario e criterio do equipo de monitores.

Descargar programas e equipaxes

Ofrecemos:

  • Calidade, nas nosas instalacións e nos menús.
  • Profesionalidade, con monitores especializados.
  • Experiencia, que nos avala dende o ano 1993 traballando con estudantes.
  • Seguridade, en todas as actividades, ademais dun Seguro de Responsabilidade Civil.

Actividades destacadas

As actividades propostas dependerán da duración do campamento e das idades dos participantes.

Rocódromo

No rocódromo, os nenos e nenas poderán poñer a proba a súa destreza escalando unha parede de 6 metros de altura con total seguridade. Actividade na que se adestra tanto o aspecto físico como mental.

Tirolina

Unha das nosas últimas adquisicións é unha tirolina de 60 metros. Unha actividade onde os participantes collen confianza en si mesmo experimentando a súa capacidade de superación.

Piragüismo con canoas

Situados na praia de Sobre do Pozo e coas nosas propias canoas farémonos ao mar para realizar actividades acuáticas e de aventura no medio natural

Vivacs

Construcions no monte con elementos naturais e xogos nese mesmo ámbito para traballar o respecto e coidado co medio, así como o aproveitamento de recursos do medio.

 

Snorquel

Contemplaremos os fondos mariños combinando a actividade con xogos na praia.

 

Bodyboard (iniciación)

Deslizamento sobre a superficie ou parede da onda cunha táboa de escuma….. Esta actividade desenvolverase na praia de A Lanzada

 

Outras actividades:

  • Xogos de praia
  • Rastrexo e orientación
  • Senderismo
  • Praia intermareal (descubrimos ás especies mariñas que podemos atopar nas costas dá península do Grove)
  • Papaventos dirixibles
  • Xogos populares

image_pdfimage_print