Camping Os Fieitas

Camping

Situado nunha zona privilegiada da Península de O Grove pola súa tranquilidade e polo seu excelente clima, o que nos permite disfrutar de incomparables praias de area branca e fina. As do Norte, coa Ría de Arousa como telón de fondo, con augas tranquilas. As do Oeste cunha paisaxe máis agreste e calas rocosas na zona de San Vicente de O Grove. As do Sur coa mirada posta sobre as illas de Ons e Cíes.

Lugar axeitado para os amantes da tranquilidade, dos deportes náuticos, da pesca, da natureza e da gastronomía. Non é casualidade que O Grove este considerado como o Paraíso do Marisco (Festa que se celebra durante a seman do 12 de Outubro).

A Diputación de Pontevedra, a través do Patronato de Turismo Rías Baixas, concedeunos o Diploma de empresa comprometida coa Calidade Turística, que poñemos a o servizo dos nosos clientes, quen sen dúbida son os verdadeiros destinatarios do noso compromiso.

Plano del camping

Galería


Instalacións

  • 5.500 m2. de superficie total.
  • 31 parcelas dotadas todas elas de toma de luz eléctrica..
  • Edificio de servizos que contén:
    • 14 W.C. + 1 WC (Zona de S. Vicente)
    • 15 lavabos + 1 (Zona de S. Vicente)
    • 12 Duchas de auga quente gratuíta + 1 fría (Zona de S. Vicente)
    • 5 vertedeiros de louza + 2 (Zona de S. Vicente)
    • 5 pilóns para roupa.
    • Servizo de Lavandería
    • 1 WC químico
  • 6 Bungalós (máximo 3 pax.)
  • 5 Bungalós (máximo 5 pax.)
  • 2 Mobil Homes (máximo 4 pax.)
  • Aloxamento para 2, 4 e 6 persoas.
  • 4 baños completos con auga quente.
  • Cafetería con Tv. e DVD/Vídeo.
  •  Wi-Fi. Biblioteca
  • Restaurante.
  • Supermercado.
  • Recepción e caixa de urxencias.
  • 4 fontes de auga potábel.
  • Parque infantil..
  • Asadeiros de leña no exterior con mesas e bancos de pedra con capacidade para 70 persoas.
  • Praza de aparcamento ao lado de cada parcela.

Prezos

PRECIOS POR NOITE IVE INCLUIDO
ADULTOS 6,00 €
NENOS (2 – 10 ANOS) 5,00 €
TENDA 6,00 €
COCHE 6,00 €
CARAVANA 6,60 €
FURGÓN 9,30 €
MOTOCICLETA 4,50 €
ELECTRICIDADE 5,30 €
Descargas do Camping

 

SERVIZO DE MASCOTAS

Nalgúns dos nosos bungalows, non en todos, aceptamos a presencia de mascotas (cans e gatos principalmente). Polo que no caso de estar interesados neste servizo deberedes contactar telefónicamente con nos para saber se temos dispoñibilidade neses bungalows.

ESTE SERVIZO ÚNICAMENTE SE FORMALIZA POR TELÉFONO OU WHATSAPP.

Os propietarios dos animais serán sempre os completos responsables das molestias, deposicións e/ou destrozos que poida ocasionar.

Este servizo ten un custe a maiores de 5€/noite en concepto de limpeza específica.