Parcelas

Destacan as nosas parcelas polo cómodas e acolledoras que son nun marco natural e nun ambiente familiar. Dan dereito a uso de baños compartidos, asadores, e demais espazos e/ou servizos colectivos. Hai parcelas de diferentes orientacións e áreas, así como diferentes facilidades de acceso en función do vehículo no que nos visite.
Se ten necesidades concretas non dubide, por favor en contactar connosco antes ou despois de facer o seu reserva.
O único modo de reservar parcela é por teléfono ou mail xa que por internet non realizamos reservas de parcelas.
RESERVAS: +34 653908020
CONDICIÓNS XERAIS DAS PARCELAS
1. NON SE ADMITEN RESERVAS PARA AS PARCELAS. CHÁMENNOS E INFORMARÉMOSLLES DA NOSA OCUPACIÓN EN TEMPO REAL.
2. As parcelas estarán dispoñibles a partir das 16:00 horas do día de chegada e ata as 12:00 horas o día de saída.
3. Unicamente autorízarase a entrada dun automóbil ou motocicleta por parcela.
4. Admítense animais de compañía (cans, gatos,…) pero os seus donos serán os responsables de posibles danos ás instalacións ou molestias xeradas a outros usuarios do Cámping Os Fieitás.
5. O usuario da parcela someterase en todo momento ao regulamento de réxime interno do Cámping Os Fieitás. En caso de visitas, autorizadas previamente pola dirección, non poderán utilizar os servizos existentes no cámping: duchas, etc. sen abonar a tarifa establecida para o efecto.